Obrigas Económicas
TAXAS INSCRITOS
APROBADAS POLA UNANIMIDADE DOS ASISTENTES NO
PLENO ORDINARIO DO DÍA 27 DE AGOSTO DE 2025
CAPÍTULO VIII
RÉXIME ECONÓMICO E CONTABLE
Artigo 47º – Recursos económicos
- Para o cumprimento dos seus fins, o Consello Regulador poderá contar cos
recursos económicos establecidos na Lei 1/2024, do 11 de xaneiro, da calidade
alimentaria de Galicia, así como no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que
se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e
os seus consellos reguladores. - Conforme a citada normativa, establécense as cotas que deberán aboar os
inscritos:
A) OS TITULARES DE PLANTACIÓNS:
- Cota de inscrición: ata 100 €. Satisfarase no momento de realizar a alta no Consello Regulador. 100€
- Cota de renovación do rexistro: ata 100 €. Satisfarase con periodicidade cuadrienal, coincidindo coa renovación dos datos do rexistro. 100€
- Cota en función da actividade do inscrito na denominación: satisfarase anualmente ata o 2% do valor potencial teórico en orixe das patacas
certificadas. 0€ - Cota pola prestación de servizos relativos ao control e a certificación: satisfarase de acordo coas tarifas que estableza o Consello Regulador. Entre estas tarifas incluirase unha relativa ao control da sementeira declarada, que será de ata 100 € por hectárea e satisfarase anualmente coincidindo coa dita declaración. 0 € por hectárea declarada.
B) OS TITULARES DE PLANTAS ENVASADORAS:
- Cota de inscrición: ata 100 €. Satisfarase no momento de realizar a alta no Consello Regulador. 100 €
- Cota de renovación do rexistro: ata 100 €. Satisfarase con periodicidade
cuadrienal, coincidindo coa renovación dos datos do rexistro.
100 € - Cota en función da actividade do inscrito na denominación: satisfarase
anualmente nun ou en varios pagamentos segundo determine o Consello Regulador, e poderá chegar ata o 2% do valor potencial teórico en orixe das patacas envasadas.
2% de 0,70€ x Kg. envasado= 0,014 €/kg envasado - Cota pola prestación de servizos relativos ao control e a certificación:
satisfarase de acordo coas tarifas que estableza o Consello Regulador. Entre estas tarifas incluirase unha relativa ao servizo de expedición de contraetiquetas que será satisfeita polas plantas envasadoras que utilicen contraetiquetas nas patacas envasadas baixo a indicación xeográfica protexida Pataca de Galicia e o seu importe será o dobre do seu valor material de produción e distribución.
Análises de mostras de inscritos: 20,00 €
Análises de mostras non inscritos: 75,00€
Contraetiquetas produción e distribución: 0,015 €/etiqueta
3. . O Pleno do Consello Regulador fixará para cada ano os prezos unitarios das
patacas e as contraetiquetas, para os efectos do cálculo das cotas
correspondentes.
Tamén aprobará o valor das cotas de carácter fixo e as porcentaxes das
variables. Cando non se fixen novos valores, enténdense vixentes os do ano
anterior.