IXP PATACA DE GALICIA 2024

Condicións da Inscripción

Variedades e zona xeográfica

Unicamente poderán adicarse á obtención de patacas amparadas pola indicación xeográfica protexida (IXP) “Pataca de Galicia” ou “Patata de Galicia”, as patacas de consumo das variedades Kennebec, Agria e Fina de Carballo obtidas nas parcelas aptas (sanas, sen ningún tipo de enfermidade) e ubicadas dentro da zona de produción definida, e inscritas nos rexistros do Consello Regulador.

De igual modo, só os almacenes e plantas envasadoras ubicadas dentro da zona de produción e inscritas nos respectivos rexistros del Consello Regulador, poderán adicarse ao envasado do produto amparado pola IXP “Pataca de Galicia” ou “Patata de Galicia”.

O feito de que o almacenamento e o envasado se efectúen dentro da zona delimitada responde á necesidade de preservar as características peculiares da produción, e a que tradicionalmente as instalacións sitúanse nas comarcas de produción de maior calidade, o cal permite un mellor e máis eficaz funcionamento da estrutura de control. 

Preténdese, ademais, minimizar as posibles pérdidas na calidade final do produto por efecto do transporte (aumento do número de golpes, temperaturas non adecuadas…) e dunhas condicións de almacenamento non aconsellables.

Control e certificación

O Consello Regulador, seguindo os criterios xerais aplicables aos organismos de certificación de produto que establece a norma ISO/IEC 17065, garantizará a trazabilidad do producto mediante un programa de inspección, localización e control das parcelas sementadas para produción, tras a declaración de semente anual e un programa de control e mellora da calidade, que abarcará o proceso de almacenaxe, manipulación, envasado e etiquetado do produto amparado.

Todo o anteriormente exposto será supervisado dende o Consello Regulador, que contará con dous rexistros de control: o de plantacións e o de almacenes e plantas envasadoras. A continuación, podes descargar as solicitudes. 

Sistema de control e certificación

Baséase en dous mecanismos fundamentais, diferenciados para cada fase do proceso, e que consisten en:

Localización, inspección e control das parcelas sementadas

Un programa específico das parcelas, a partir da declaración de semente anual, co obxecto de asegurar en todo momento a procedencia das producións amparadas. Disto encárgase o persoal do Consello Regulador. 

Control e mellora da calidade do produto sementado

Un programa que abarca o proceso de almacenaxe, manipulación, envasado e etiquetado do produto amparado. É levado a cabo por persoal do Consello Regulador, aínda que tamén se pode externalizar.