IXP PATACA DE GALICIA 2024

Sobre a IXP

SABOR CON ORIXE

No noroeste da Península, entre paisaxes onduladas e enormes vales, atópase o berce dunha xoia gastronómica que resistiu, resiste e resistirá o paso do tempo: a Pataca de Galicia

A Pataca de Galicia é moito máis que un simple tubérculo: é o corazón da terra.

É a manifestación dunha historia de esforzo e pasión pola calidade, transmitida de xeración en xeración

Na IXP Pataca de Galicia, protexemos e supervisamos a súa produción certificada.

O noso obxectivo é achegar aos produtores nunha meta común. Que o consumidor valore e recoñeza a excelencia do noso produto, e que finalmente sexa o primeiro na súa escolla.

MISIÓN

A misión da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia é representar a calidade e excelencia do noso produto, así como a defensa dos intereses dos nosos operadores, tanto produtores como almacenadores e envasadores. 

VISIÓN

A visión da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia é converter o noso produto na primeira opción de escolla dos consumidores da nosa Comunidade Autónoma, así como do conxunto de España. 

VALORES

Autenticidade

A produción baixo o selo Pataca de Galicia é xenuína e sempre se orienta á máxima excelencia.

Calidade

Garantizamos que as tres variedades de Patacas de Galicia se produzan baixo uns meticulosos estándares.

Colaboración

Fomentamos a cooperación e o diálogo entre os produtores e a administración pública.

Transparencia

Estudamos e controlamos a produción, a almacenaxe e o envasado para obter a trazabilidade dende o inicio.