A nosa Pataca
O CORAZÓN DA TERRA
A NOSA HISTORIA: UNHA VIAXE A TRAVÉS DO TEMPO E DO SABOR
O berce histórico da nosa pataca atópase na época precolombina. É orixinaria dos Andes, en Sudamérica. Foi un dos tesouros que os conquistadores trouxeron a Europa no século XVI.
Os rexistros históricos son escasos. Pénsase que a Pataca chegou á nosa terra a través da Península. A súa adaptación ao clima e o terreo foi rápida e eficiente.
Nos séculos XVII y XVIII, o tubérculo converteuse nun cultivo esencial na rexión. Por que? Pola súa capacidade para medrar en chan húmido e montañoso. É iso é unha clave esencial na topografía da nosa Comunidade.
Os campesinos comezaron a cultivala e pouco a pouco transformouse nunha das fontes de alimento más relevantes para a poboación do rural.
Hai un dato que é moi notorio, e é que nun primeiro momento, cando a pataca chegou a Europa, non foi recibida co mesmo agarimo que na nosa Galicia. Incluso nalgunhas zonas de España xeraba desconfianza. Os detractores da pataca argumentaban que era a comida do gando, e incluso que era velenosa.
O XIX foi o século que marcou un punto de inflexión na historia da Pataca de Galicia. A chegada de novas técnicas de agricultura e a expansión das explotacións agrícolas permitiron un aumento significativo da produción.
Os cociñeiros comezaron a experimentar, e descubriron a versátilidade da pataca, o cal derivou na creación de pratos que a día de hoxe son emblemas galegos.
O século XX trouxo consigo unha diversificación na produción de pataca en Galicia, tanto a nivel varietal como a nivel xeográfico. Foi nesta época cando a Pataca de Galicia obtivo recoñemento pola súa calidade no mercado nacional e internacional.
Na actualidade, a Pataca de Galicia segue a ser recoñecida coma un tesouro gastronómico. A Indicación Xeográfica Protexida encárgase, dende o ano ______ de garantizar a autenticidade e calidade das tres variedades que ampara: a kennebec, a agria e a Fina de Carballo.
Os restaurantes galegos, así coma outros moitos de renome inernacional, inclúen esta pataca nos seus menús e degustacións, xogando coa súa textura e sabor en variedad de preparacións, que van de simples pratos de guarnición ata elaborados pratos principais.
AS CARACTERÍSTICAS DA PATACA DE GALICIA
O produto amparado pola Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia corresponde a tubérculos da especie Solanum tuberosum L, destinados ao consumo humano e que cumpren cos requisitos esixidos polo regulamento, polo pliego de condicións e pola lexislación vixente.
As patacas deberán ter o aspecto varietal característico. Serán patacas enteiras e exentas de ablacións ou golpes, sanas limpias e con pel ben formada, firmes e sen xerminar, exentas de defectos externos, manchas, feridas, deformacións ou coloracións, humidade axeitada e sen sabores ou cheiros extraños.
As características morfolóxicas e a súa cor varían en función da variedade da que se trate.

AS VARIEDADES DE PATACA DE GALICIA

Kennebec
Forma: redonda a oval
Ollos: moi superficiais
Cor da pel: amarelo claro
Cor da carne: branca

Agria
Forma: oval alongada
Ollos: moi superficiais
Cor da pel: amarelo
Cor da carne: amarela

Fina de Carballo
Forma: redondeada
Ollos: profundos
Cor da pel: amarelo claro
Cor da carne: branca

CALIBRE E MATERIA DA PATACA DE GALICIA
Independentemente da variedade que se trate, as patacas acollidas a esta indicacións xeográfica teñen unha pel de apariencia lisa e fina, e caracterízanse por unha textura firme ao tacto e cremosa ao ser cocidas, e consistentes en boca. A súa calidade para o consumo é excelente, destacando polo seu contido en materia seca e por manter as súas cualidades de cor, aroma e sabor despois de ser cociñadas.
As patacas deberán ter un calibre mínimo de 35 milímetros. Con todo, admitiráse a comercialización de patacas cun calibre comprendido entre 18 milímitros e o mínimo citado, baixo a denominación “pataca menuda fora de calibre”, ou outra designación de venda equivalente.
A homoxeneidade do calibre non é obrigatoria naqueles envases de venda dun peso neto superior a 5 kilogramos. Nos envases de venda de peso neto inferior ou igual a 5 kilogramos, a diferencia entre as unidades maior e menor non será superior a 35 milímetros.
O calibre determinarase pola lonxitude en milímetros ao lado da retícula dunha maia cadrada, polo que de forma natural é máis axustada e poden pasar os tubérculos.
As características analíticas das patacas protexidas son:
Contido en materia seca: superior ao 18%.
Contido en azucres redutores: inferior ao 0.4%
Para o control do cumprimento das características recollidas neste artigo, admítense as tolerancias que en cada momento estableza a normativa sobre calidade comercial das patacas de consumo.
PUNTOS DE VENDA
Podes atopar Pataca de Galicia en establecementos como grandes superficies, supermercados e comercios detallistas de alimentación.
Os distribuidores e grandes consumidores tamén poden atopar Pataca de Galicia nos principais mercados centrais como Mercamadrid e Marcabarna, entre outros.
Debido á produción estacional de Pataca de Galicia, só se pode atopar no mercado dende setembro a xuño, aproximadamente.
