IXP PATACA DE GALICIA 2024

A IXP da Pataca de Galicia colabora coa xornada de identificación de pragas e enfermidades da pataca

A IXP da Pataca de Galicia colabora coa xornada de identificación de pragas e enfermidades da pataca que reuniu a máis de 70 agricultores hoxe en Xinzo de Limia.
O presidente da IXP Pataca de Galicia, José Manuel Gómez; O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández; e o director territorial de Medio Rural da Xunta, José Antonio Armada, inauguraron hoxe esta iniciativa organizada polo Grupo Operativo XlPrisco.
Estas xornadas teñen como obxectivo facilitar ferramentas aos agricultores de pataca para que lles permita prever pragas e enfermidades que eviten o seu impacto na produción e así poder mellorar a calidade e o rendemento das súas explotacións.