O Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia conta con instalacións propias de laboratorio, acreditado baixo a norma UNE-17.025.
Nº acreditación 723/LE1552
Alcance da acreditación para a realización de ensaios de zucres redutores mediante colorimetría e de contido en materia seca por termogravimetría.
O laboratorio adicase fundamentalmente a realización de ensaios para o control da calidade do produto amparado.
Tamén presta servizo a clientes externos, para o cal ten establecidas as seguintes
TARIFAS:
Analíticas de contido en materia seca e zucres redutores en tubérculos para operadores inscritos: 15,00€/análise.
Analíticas de contido en materia seca e zucres redutores en tubérculos clientes non inscritos: 50,00€/análise.
Analíticas de contido en materia seca en tubérculos para operadores inscritos: 10,00€/análise.
Analíticas de contido en materia seca en tubérculos para clientes non inscritos: 40,00€/análise.
A analitica de zucres redutores require a determinación do contido en materia seca, polo que non se realiza por separado.
EXISTEN FOLLAS DE RECLAMACIÓN A DISPOSICIÓN DOS CLIENTES
Procedemento para a relación con clientes

