Controis e certificación

Únicamente poderán adicarse á obtención de patacas amparadas pola indicación xeográfica protexida (IXP) “Pataca de Galicia” ou “Patata de Galicia”, as patacas de consumo das variedades Kennebec, Agria e Fina de Carballo obtidas nas parcelas aptas (sanas, sen ningún tipo de enfermidades) e ubicadas dentro da zona de produción definida, e inscritas nos rexistros do Consello Regulador.

De igual modo, só os almacéns e prantas envasadoras ubicadas dentro da zona de produción e inscritas nos respectivos rexistros do Consejo Regulador, poderán adicarse ao envasado do produto amparado por la IXP “Pataca de Galicia” ou “Patata de Galicia”.

O feito de que o almacenamiento e o envasado se efectúen dentro da zona delimitada responde á necesidade de preservar as características peculiares da produción e a que tradicionalmente as instalacións situanse nas comarcas de produción de maior calidade, o que permite un mellor y máis eficaz funcionamento da estructura de control.

Preténdese con iso ademais minimizar as posibles perdas na calidade final do produto por efecto do transporte (aumento do número de golpes, temperaturas non adecuadas, etc.) e de unhas condicións de almacenamento non aconsellables.

O Consello Regulador, seguindo os criterios xerais aplicables aos organismos de certificación de produto que establece a norma ISO/IEC 17065, garantirá a trazabilidade do producto mediante un programa de inspección, localización e control das parcelas sembradas para produción, tras a declaración de sembra anual e un programa de control e mellora da calidade, que abarcará o proceso de almacenaxe, manipulación, envasado e etiquetado do produto amparado.

Todo o anteriormente exposto será supervisado dende o Consello Regulador, que contará cos seguintes rexistros de control:

 – Rexistro de plantacións.  DESCARGAR SOLICITUDE

 – Rexistro de almacéns e prantas envasadoras. DESCARGAR SOLICITUDE

 Asimesmo, o sistema de control e certificación basease en dous mecanismos fundamentais, diferenciados para cada fase do proceso, e que consisten en:

1. Un programa de localización, inspección e control das parcelas sembradas para a produción, a partir da declaración de sembra anual, co obxeto de poder asegurar en todo momento a procedencia das producciones amparadas. É levado a cabo por persoal do Consello Regulador.

2. Un programa de control e mellora da calidade, que abarca o proceso de almacenaxe, manipulación, envasado e etiquetado do produto amparado. É levado a cabo por persoal do Consello Regulador, podendo ser contratado a unha empresa externa.